miércoles, 11 de junio de 2008

Contratempos

Fai un rato fun ata ós faros de Mera a ver os Apus melba. O primeiro co que me atopei foi 3 novas patiamarelas mortas ó pe da liña eléctrica, exactamente no mesmo punto no que atopara as outras dúas: 5 gaivotas en apenas 4 m de tendido, xusto á carón da colonia. Esta torreta atópase no medio dunha pequena superficie desbrozada, poidendo atoparse sen dificultade; pero a maior parte do resto da liña transcorre pola toxeira costeira, sen desbrozar, polo que probablemente a situación se repita ó longo de todo o tendido, mais inaccesible e que fai que este feito pase inadvertido. Nunca ata agora reparara neste problema do cableado, mais aló do evidente impacto paisaxístico que provoca, pero tal vez a mortandade sea relativamente elevada. Por sorte os corvos mariños non chegan habitualmente ata tan arriba, pero pola zona andan o falcón, lagarteiro, corvo, etc.

Ademais, ó concello deulle este ano por limpar e recuperar os camiños tradicionais existentes no espacio protexido, que polo abandono do seu uso estaban a ser invadidos pola vexetación. Esta moi ben, pero e que ademais de recuperar uns camiños, directamente inventáronse outros, polo que abriron (de maneira mecánica) unha pista a ningures por medio da matogueira costeira e a poucos metros da colonia, e ademais en plena época de cría. En fin...

Bueno, ó que iba, os andoriñóns por alí estaban. Poucas veces disfrutei tanto de eles, son impresionantes. Pasában realmente próximos a min, voando moi baixo. Incluso puiden apreciar a vibración das súas ás ao cortar o forte vento do nordés. Xa é complicado contalos, pois ben, se cando estás a piques de rematar aparecen polo medio uns cantos Apus apus, imaxinade... aínda así cheguei á cifra de 11 Apus melba e en torno a 8 Apus apus.

Pouco mais, por non decir nada, de interese. Bueno, si, estiven a piques de descubrir unha nova especie, pero finalmente tan só foi un susto. Explícome. Cando xa marchaba, dende o coche vin de pasada un estorniño realmente extraño pousado nun cable. Tiña as costas e parte das ás totalmente brancas... ¿Sturnus "albus"?, dixen para min. Frenazo. Marcha atrás. Prismáticos: Pega rabilonga (Pica pica), volantón ou accidentalmente sen plumas caudais. Hora de cear...