miércoles, 20 de abril de 2011

No dejar huella

ACTUALIZACIÓN: El día 13 de mayo he podido comprobar que tras la realización de esta entrada las flechas de las fotografías que os muestro ya han sido borradas.

No dejar huella... ese es uno de los principios básicos del Trail...

Fotografías sacadas 17 días después del paso del I Costa-Trail Seixo Branco, organizado por la SM Ártabros, por una de las zonas de mayor naturalidad y mejor estado de conservación de un espacio natural protegido, y en la que no existe ningún tipo de pista o camino.










A 50 metros transcurre paralelo un camino perfectamente definido y que forma parte de una ruta de senderismo homologada.

3 comentarios:

  1. Levo seguindo o caso polas moi exactas e obxetivas informaciós deste bló. De seguro que a coartada de facer deporte non xustifica de ningún modo estes atropelos da vida natural. Sinmplemente falta educación medioambiental, da outra tamén, e faltan autoridades responsables e sobran autoridades irresponsables que asubían e miran para o outro lado.
    Moi agradecido e os meus parabens por esta serie de entradas.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Non entendo o problema. Os referides as marcas de pintura?

    ResponderEliminar
  3. Ola Madeingaliza.

    Efectivamente, refírome a dúas cousas con esta entrada:

    Por un lado, o pisoteo, erosión e degradación de zonas de vexetación de interese en moi bo estado de conservación, e consideradas prioritarias. O termo "prioritario" non é un adxectivo que empregue eu, é unha denominación legal outorgada a os hábitats existentes nesta zona pola lexislación europea: a directiva Hábitats, que define a Rede Natura e protexe este espazo.

    Por outra banda, evidentemente as marcas de pintura. Por un lado o espíritu do Trail é "non deixar pegada", e polo outro deixamos unhas marcas de pintura permanentes nunha zona totalmente natural, afeando a paisaxe. ¿É isto realmente necesario?

    Sobre estas marcas existe 1- un compromiso persoal da organización de borralas ao finalizar a carreira e 2- unha OBRIGA de borralas derivada da autorización outorgada pola Consellería de Medio Rural.

    Todo isto, existindo unha pista a 50 m, de maneira que pasando a carreira por ela evitaríase todo isto. Esta negativa irracional a empregar esa pista paralela durante apenas 500 m é o que convirte este asunto en escandaloso (escandaloso tamén dende un punto de vista ético), ao meu entender.

    E por último, deixar claro que isto non é ningún alegato contra os Trail, nin sequera contra este mesmo. Si que o é contra como se desenvolveu, que non son mais que mostras do egoísmo de algúns, que consideran que o feito de que a natureza sexa patrimonio de todos significa "a natureza é miña", e que antepoñen o OCIO PERSOAL ao beneficio da sociedade.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar