domingo, 10 de junio de 2012

Desayuno potente

El desayuno es la comida más importante del día...

5 comentarios:

  1. Miña madriña!

    Pero que se comeu esta seoane?
    Comida do día, dis? Non será mellor comida da semán, quincena ou mes?

    Un pedazo de documento. Uns poucos máis de datos da imaxe tampouco caerían en saco rachado. Anímate.

    Parabéns.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Vaia animalada. Esta comeu un mamut. Xa non lle da a piel para máis. Estupenda observación.
    Unha aperta,
    Martiño

    ResponderEliminar
  3. Iso non foi un almorzo, Sergio, foi a cea de fin de ano...

    Como indica Martiño ese pelexo está que non dá para máis. Vai ter que pillar unha talla máis grande na próxima muda.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Ola rapaces,

    Desculpas pola tardanza, teño o blog un pouco anémico jeje!

    Tedes razón, o bicho a saber o que almorzou, case a piso pero dame a min que aínda que a pisase non podía nin moverse do chea que estaba. Quedaremos todos coa curiosidade de saber que foi o que papou, mágoa de bisturí jeje.

    Rafael a víbora atopeina a última semana de maio nos montes de Buio, no concello de Xove. Xa que andan por aquí dous herpetólogos, terra de Lacerta vivipara polo que teño entendido jeje. Volverei por alí en poucos días, a ver se me atopo con algunha (como se buscan???)

    Apertas!

    ResponderEliminar
  5. O de rapaces... Home, por Martiño pois vale perfectamente. Para min.... tamén supoño....nun momento dado, que 41 anos non son nada, carallo. Pero por Rafa.. (que seguro que non lle pareceu mal en absoluto, pero debeu sorrir cando veu esa alusión)

    Agora en serio, contéstoche mañá ao privado iso das Z. vivipara no Buio. Creo que debo de ter o teu correo por ahí.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar