domingo, 10 de enero de 2016

Entretida Ría do Burgo

Moi bonita estivo a Ría do Burgo nestas datas navideñas. Puiden disfrutar dela nun agradable paseo a mañá de Noiteboa, xa fai uns días pero déixovos hoxe igualmente unha pequena crónica do que por alí había.


A maior parte dos números son aproximados, xa que me dediquei mais a pasear e disfrutar da observación que a contar. O mais interesante foi:

- 24 Ardea cinerea
- 28 Egretta garzetta
- 4 Bubulcus ibis
- 9 Platalea leucorodia
- ca. 400 Calidris alpina
- ca. 20-25 Pluvialis squatarola
- 9 Tringa nebularia
- 4 Tringa totanus
- 7 Numenius phaeopus
- Varios Sterna sandvicensis
- 1 Larus delawarensis
- 1-2 Alcedo atthis

Isto no entorno da marisma do xardín botánico, sin contar o resto de garzotas, virapedras, gabitas, carráns, corvos mariños, etc. da zona exterior da ría.


Ademais, unha mobella grande Gavia immer, xa observada o anterior día 22 e que aínda seguía onte fronte á praia de Santa Cristina, xunto a un carolo Alca torda.
 
Van algunhas fotos das aves observadas esa mañá:


Tres das garzas boeiras
Gaivota de Delaware
Biluricos claros
Biluricos patirrubios, píldora cincenta e pilros comúns
Mergullón pequeno
Un dos cullereiros está anelado, como podedes ver nas imaxes, tratándose dun exemplar holandés que leva o inverno entre o encoro de Cecebre e a ría do Burgo. Os cullereiros eran 9 o día 24, algúns menos uns días antes, 8 ao día seguinte e penso que 4 agora segundo a última información que me chegou. Estaría ben facer un conteo simultáneo na ría e no encoro, xa que da a sensación de que se moven moito entre ambos espazos.

O espectáculo principal da función matinal, a pesca cooperativa entre ducias de garzotas e corvos mariños grandes, imposible de reflectir en toda a súa espectacularidade nun simple vídeo. Aínda así, intenteino.

¿Cómo funcionará a ría dentro dun tempo, cando se execute o dragado previsto? Ogallá non perdamos instantes coma estes, a auténtica riqueza da ría:
  


No hay comentarios:

Publicar un comentario