miércoles, 11 de junio de 2008

Contratempos

Fai un rato fun ata ós faros de Mera a ver os Apus melba. O primeiro co que me atopei foi 3 novas patiamarelas mortas ó pe da liña eléctrica, exactamente no mesmo punto no que atopara as outras dúas: 5 gaivotas en apenas 4 m de tendido, xusto á carón da colonia. Esta torreta atópase no medio dunha pequena superficie desbrozada, poidendo atoparse sen dificultade; pero a maior parte do resto da liña transcorre pola toxeira costeira, sen desbrozar, polo que probablemente a situación se repita ó longo de todo o tendido, mais inaccesible e que fai que este feito pase inadvertido. Nunca ata agora reparara neste problema do cableado, mais aló do evidente impacto paisaxístico que provoca, pero tal vez a mortandade sea relativamente elevada. Por sorte os corvos mariños non chegan habitualmente ata tan arriba, pero pola zona andan o falcón, lagarteiro, corvo, etc.

Ademais, ó concello deulle este ano por limpar e recuperar os camiños tradicionais existentes no espacio protexido, que polo abandono do seu uso estaban a ser invadidos pola vexetación. Esta moi ben, pero e que ademais de recuperar uns camiños, directamente inventáronse outros, polo que abriron (de maneira mecánica) unha pista a ningures por medio da matogueira costeira e a poucos metros da colonia, e ademais en plena época de cría. En fin...

Bueno, ó que iba, os andoriñóns por alí estaban. Poucas veces disfrutei tanto de eles, son impresionantes. Pasában realmente próximos a min, voando moi baixo. Incluso puiden apreciar a vibración das súas ás ao cortar o forte vento do nordés. Xa é complicado contalos, pois ben, se cando estás a piques de rematar aparecen polo medio uns cantos Apus apus, imaxinade... aínda así cheguei á cifra de 11 Apus melba e en torno a 8 Apus apus.

Pouco mais, por non decir nada, de interese. Bueno, si, estiven a piques de descubrir unha nova especie, pero finalmente tan só foi un susto. Explícome. Cando xa marchaba, dende o coche vin de pasada un estorniño realmente extraño pousado nun cable. Tiña as costas e parte das ás totalmente brancas... ¿Sturnus "albus"?, dixen para min. Frenazo. Marcha atrás. Prismáticos: Pega rabilonga (Pica pica), volantón ou accidentalmente sen plumas caudais. Hora de cear...

4 comentarios:

  1. hola Sergio:
    que pasada o das gaivotas¡¡¡
    o dos camiños sin sentido é gracias a os cazadores.saberás que nesa zona non cazan, só levan aos cans a "aprender", e hai máis coellos que nos sitios donde si que cazan.Bueno, pois hai unhas semanas apareceron esos camiños(hai hasta letras X de gran tamaño) e uns tramallos(redes de pesca de 3 paños) extendidas todo a o largo deses camiños e os cazadores berrando para "pescar" aos coellos e levalos a outras zonas.
    parece ser que tiñan un permiso para eso, pero non sei si do tecor ou da consellería.tendo en conta que é zona protexida, non sei como poden facelo, pero...
    falando cos cazadores pregunteilles si non caian paxaros, e así sin darlle importancia me dixeron "un mirlo, pero soltámolo".uf.a saber o que caeu, pobres chotacabras¡¡
    decirche tamen que atoparon un niño de ánade real a carón dun deses camiños, que a pata era moi mansa e que ata a colleron e que tiña 12-13 ovos.como contan moitas trolas dixen que mo enseñaran e me levaron ata alí ao seguinte fin se semana.e ainda estaba incubando¡¡¡(por suposto non manipulei o nido, nin volvin por alí).
    bueno, veña chao ata outra.
    Franqui

    ResponderEliminar
  2. Hola Franqui,

    o dos cazadores nesa zona tamén é para falar e non parar...A propia Lei de Caza di que está prohibida a caza en todos os espacios protexidos de Galicia, pero a propia administración faille menos caso a ese artigo que a un episodio de Los Lunnis, por que sigue permitíndose en practicamente todos e cada un deles. Como ti dis, paréceme increíble que lles diran permiso para facer iso nun espacio protexido; por non falar do método de captura empregado, moi pouco selectivo e no que non me creo que só caera un mirlo.

    Para o que seguro que non tiñan permiso era para fragmentar e alterar un hábitat de interese comunitario da Directiva Hábitats, nun espacio Natura 2000, pero en fin...teño asumido que esos termos aínda lle soan a chino a moita xente.

    Por outra parte, segue parecéndome supercurioso o dos alavancos criando nesa zona.

    Gracias pola información Franqui, este finde teño pensado pasalo enteiriño por ahí dende ben cedo, así que xa nos veremos.

    ResponderEliminar
  3. moitas animaladas se ven

    poderiamos escribir un libro

    ResponderEliminar
  4. Hola Sergio,

    Respecto al tema de las salidas ornitológicas marinas desde Cariño, decirte que en principio la primera será el próximo domingo día 6 de julio (¡¡todavía quedan plazas!!), y las siguientes las iré colgando en mi blog y los foros de aves.

    Habrá más este verano.

    Un saludo.

    ResponderEliminar