martes, 30 de octubre de 2007

9 de Octubre, Santa Cristina

Este día ó mediodía din un paseo pola praia de Santa Cristina, no que localicei un solitario negrón común (Melanitta nigra) na zona do embarcadeiro. Semellaba estar en malas condicións, xa que tiña a plumaxe moi estropeada e nadaba con dificultade, ademáis de que se atopaba a apenas dous metros da beira do mar.

Ademais, alimentándose entre as algas da praia, unha lavandeira (Motacilla alba) bastante rara: seguía en xeral o patrón típico da especie, pero tiña a cara, fazulas e peito dun tono amarelo claro. Pensei nun posible híbrido Motacilla alba x Motacilla cinerea. Saqueille unha fotografía pero a bastante distancia, e ampliandoa co photoshop o que se ve é isto:



Xa vedes que non se ve nada ben, pero pódese "intuír" o ton amarelo da cara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario