Hoxe ó mediodia parei un rato na Ría do Burgo a botar un vistazo. Non estiven moito tempo porque a fame apretaba, pese a que o tempo era bó, co ceo despexado e temperatura suave, e a marea estaba subindo. A miña intención era paxarear dende un punto distinto ó habitual (círculo azul na fotografía), para ver se aparecía algo distinto, ou simplemente se aparecía algo. Situéime no entorno de A Fábrica, na zona de Santa Cristina (Oleiros) e preto da praia. Como se aprecia na fotografía non existen na zona manchas de vexetación de marisma, que son a zona na que se sitúan preferentemente as aves na zona de Culleredo. Consecuentemente, a cantidade de aves e especies foi menor, aparecendo especies presentes no interior da ría pero en menor cantidade.
O que puiden contar nos bancos de area do interior da ría foi o seguinte:
-2 Phalacrocorax carbo
-4 Egretta garzetta
-1 Ardea cinerea
-23 Haematopus ostralegus
-2 Charadrius hiaticula
-En torno a 400 Larus michahellis-Larus fuscus
-1 Larus marinus
No hay comentarios:
Publicar un comentario