Sen ánimo de dar leccións nin consellos a ninguén (non son quen para facelo) decidín publicar esta fotografía, realizada a primaveira do ano pasado na costa coruñesa, como exemplo do que non debe facer un "amante de la naturaleza", e como chamamento a un comportamento responsable nas nosas saídas ó campo, nesta época e en xeral durante todo o ano. Observemos e disfrutemos da natureza, pero sen perder de vista que o prioritario é a súa protección, que somos meros observadores que non debemos interferir, e que o obxectivo non debe ser ter unha foto dun corvo mariño no album, senón que ese corvo mariño siga ahí por moito tempo.
Tusikesabes.
ResponderEliminar