domingo, 16 de septiembre de 2007

16 de Setembro. Seixo Branco

Hoxe domingo din un paseo de hora e pico por Seixo Branco, na costa de Dexo. O tempo empeza a cambiar e entraba unha brétema bastante densa dende o mar, a última hora da tarde, que dificultaba a visión.
Mirei máis para terra que para o mar, xa que quería comprobar qué descubría entre as matogueiras. E o que vin, ademais dun exemplar de Lacerta schreiberi entre os toxos, foi isto:
- Entre as Larus michahellis sedimentadas nas rochas, unha Larus fuscus.
-Como sempre, as dúas especies de páxaros máis abundantes e visibles foron Phoenicurus ochruros (fundamentalmente nos cantís) e Saxicola torquata. En torno a 10 individuos de cada especie.
-Abundantes Acanthis cannabina, nun grupo de aproximadamente 30 exemplares moi inquietos e voando dun lado a outro.
-Muscicapa striata.
-Sylvia undata.
-3 Alauda arvensis.
-2 Corvus corax.
-1 Falco peregrinus.
-1 Picus viridis.
-Xa camiño da casa, 2 Streptotelia turtur en Santa Cruz.
-E moita, moita xente...
Falando de Picus viridis... non é raro velos pola mañá cedo no xardín da miña casa ou nas proximidades. De tódolos xeitos, este ano pareceume velo máis a miudo pola zona, pero sen darlle maior importancia. Cal sería a miña sorpresa cando este sábado descubrín de casualidade un burato feito este ano nun vello olmo, xa seco, que está a apenas 50 m da miña cociña... Non vos imaxinades a rabia que me deu descubrilo xusto agora, despois da tempada de cría. Cos bos ratos que podía ter pasado sin saír da casa...iso pásame por despistado... Na próxima entrada colgarei unha fotografía do burato. Por outro lado, levo un par de noites nas que a unha avelaiona (Strix aluco) deulle por non deixarme durmir. Espero que hoxe se porte ben e non se deixe oir, aínda que a verdade é que é agradable.
Ós que hai xa varios días que non vexo é ós avións, Delichon urbica, que a última hora da tarde soen vir a alimentarse enfrente mesmo do meu dormitorio; xa deben de estar de retirada cara os seus cuarteis invernais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario