viernes, 14 de septiembre de 2007

Catálogos

Nesta primaveira publicáronse en Galicia dous decretos que desenvolven unhas figuras lexislativas contempladas na Lei 9/2001 de Conservación da Natureza: o Catálogo Galego de Especies Ameazadas e o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, instrumentos vitais para a protección e conservación do medio natural (sempre que se cumplan os seus contidos)
O CGEA ten certos erros, como a omisión de certas especies (por exemplo Apus melba), pero polo menos xa o temos aquí, máis vale tarde que nunca. Podédelo descargar aquí. O catálogo de árbores senlleiras recolle unha relación de exemplares ou rodais que, xa sexa polo seu interese histórico ou cultural, rareza, dimensións, idade... merecen unha protección especial. De feito un deles, a Carballa da Rocha, está a piques de ser declarada Monumento Natural. É un documento interesante xa que moitos deles non son coñecidos, estando aberto ademais a novas propostas de incorporación. O Catálogo tédelo aquí.
Por certo, a Lei de Conservación da Natureza é esta. Algúns aínda non se enteraron de que existe...

No hay comentarios:

Publicar un comentario